Abrimos o concurso de creación rápida!

Dentro do marco de actividades do festival, presentamos o concurso Facom Fest Foto, unha iniciativa destinada a impulsar a creatividade do estudantado galego. Esta actividade consiste en capturar unha fotografía que inclúa, de forma libre e creativa, referencias á temática que se propón nesta edición: o humor. As fotografías presentadas deberán ser retratos pintorescos ou curiosos do espazo público. Valorarase especialmente a verosimilitude e a espontaneidade do obxecto ou situación retratada, búscanse imaxes graciosas, estrañas, camp, etc. Deberán ser tomadas entre o 21 e o 27 de novembro, ata ás 23:59h.

As fotografías recibidas publicaranse nun carrusel de imaxes nas contas de Instagram do Facom Fest (@facomfest) e do Club de fotografía da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (@clubdefotofacom). Outorgaranse dous premios:

  • 1º premio: Vale de 50€ canxeable en cursos da Escola Unitaria, patrocinadora do festival.
  • 2º premio: Lote de libros da Libraría Follas Novas, patrocinadora do festival.

Para máis información, consulta as bases a continuación!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *