AIRA PORTOS

Alumna actualmente do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), dende 2016 actúa en diversos grupos teatrais e pequenos proxectos audiovisuais, destacando a súa participación na obra da Compañía de Teatro da USC Observacións sobre a felicidade (composición e manexo), gañadora do Premio do Juri da 27ª edición do Ciclo de Teatro Universitario Beira Interior (2023). Dirixe, produce e maqueta a revista cultural A Keikes (2023), na que tamén escribe ocasionalmente. Coordina outros eventos transversais á publicación, entre os que destacan o festival de música Akordes, o Cineclub Lagartiños e a exposición de arte local Creaordes.