Alba Domínguez é unha cineasta galega. Estudou Comunicación Audiovisual en Pontevedra, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación na Universidade de Vigo, e rematou ditos estudos coa creación dun videoclip coma o seu Traballo de Fin de Grao. O resultado foi o vídeo musical Todo o que che din do grupo Verto, co cal foi finalista na categoría de Mellor Videoclip do Festival de Cans. Tamén traballou como creadora do videoclip Alma, de Berto.
Este mesmo ano gañou dous premios no Festival Intersección en A Coruña pola súa dirección na curtametraxe Delincuente. Ademais, traballou coma montadora en Drifting Away, de Thea Nyboe, e no ámbito do son, no documental Os Corpos.