ANTÍA CARREIRA

Lucense do ano 1995, é artista visual, cineasta, fotógrafa e directora de arte. Nos seus proxectos cinematográficos Ola baby: video-ensaio sobre a miña depresión, Formigón ou Os ollos que miran mestura videoarte, ensaio fílmico e instalació artística. Recentemente ten traballado en dirección de arte en filmes como Os espazos en branco de Bruno Arias, O coidado de Miguel Canalejo ou Delincuente de Nuria Vil. Dende 2020 desenvolveu en Galiza proxectos de xestión cultural dende unha perspectiva de colectividade e experimentación. Exemplo disto foi o colectivo queer de clubbing Malfario, no que tamén participaba coa súa faceta de DJ “Tonita”.