ARACELI GONDA

Nada no 1976 en Morgadáns, Gondomar. Araceli é unha guionista con experiencia en cine, televisión e teatro. Entre os seus traballos máis destacados no ámbito cinematográfico están comedias como a recente Me he hecho viral, Cuñados (e a súa secuela, +Cuñados) ou ¡Salta!

Me he hecho viral (2023)
Cuñados (2021)
¡Salta! (2023)

En televisión, escribiu para series como Hierro (recoñecida por varios premios entre os que se atopan os Premios Ondas, os Premios Feroz e os Premios do sindicato de guionistas ALMA), Padre Casares ou Cuarto sen ascensor. Ademais, traballou con persoas importantes do sector audiovisual coma Jorge Coira, Olga Osorio, Carlos Sedes, entre outros.

Hierro (2019 – 2021)
Padre Casares (2008 – 2015)
Cuarto sen ascensor
(2004 – 2005)