Diego S. Staub é un mesturador de cine e editor de foley. Comezou a súa formación na Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Conta con unha ampla traxectoria dentro da creación sonora para o medio audiovisual e cinematográfico, que o levou a converterse nun referente dentro da creación de son cinematográfico, tanto na industria galega coma a nivel nacional. Mostra disto son as dúas nominacións á Mellor son dos Premios Mestre Mateo.
Traballou para series coma La Unidad, Rapa e Antidisturbios.
Ademais, participou en películas de gran éxito comercial como Matria, Verónica, Un año ou Maixabel. Tamén, ten traballado con cineastas de prestixio como Pedro Almodóvar, Alice Rohrwacher ou Icíar Bollaín.