Mesturador de cine e editor Foley. Comezou a interesarse polo son dende moi pequeno e estudou na escola de imaxe e son de A Coruña. Posúe unha ampla traxectoria dentro da creación sonora para o medio audiovisual e cinematográfico. Destacan entre os seus traballos, series como La Unidad, Rapa ou Antidisturbios, películas de moito éxito comercial como Matria, Verónica, Un año ou Maixabel. Tamén, ten traballado con cineastas de prestixio como Pedro Almodóvar, Alice Rohrwacher ou Icíar Bollaín. É profesor na Escola Cinematográfica e do Audiovisual da Comunidade de Madrid (ECAM).