FICCIÓN

I: MISTERIO E THRILLER

O porco | Hugo R. Morgado

2024 | 3:30 minutos | Galego

Diego é un narcisista que finxe ser activista para poder manter relacións sexuais cunha chica, Uxía. Estos 2 tratan de entrar nunha granxa de porcos para mostrar o seu apoio contra o maltrato animal. Mentras iso sucede Diego delátase e Uxía empeza a comprender a situación. O que non saben é que chaman a atención do granxeiro o cal acabará coas súas vidas.

A peza foi seleccionada na Categoría de FasCurtas no OUFF – Ourense Film Festival (2024) e para o Notodofilmfest. Festival de cine online (2024)

Somnia | Cristóbal Añón

2024 | 11 minutos | Galego

Que pasaría se a obsesión dunha psicóloga polos problemas dos seus doentes a somerxen nunha viaxe cara os abismos da súa propia mente, onde os límites entre a realidade e os soños se desdebuxan? Isto é o que lle acontece a Marga, cando recibe na súa consulta a Rebeca, unha doente atormentada por uns soños perturbadores.

A peza foi un Traballo de Finde Grao da Facultade de Comunicación da UDC, obtivo unha cualificación de 10 e foi gañadora do Premio do Público do Concurso Rodando en donde puedas no Festival Internacional de Cine de Gijón/Xixón (2024)

Teide | Daniel Castro e Sara Bernárdez

2023 | 12:05 minutos | Galego

Víctor é un home de 35 anos relaxado, tranquilo e con certo carisma. Un día chega de visita a casa do seu irmán Sergio, pero este non se atopa na casa. Alí, comeza a ver sucesos estraños e a sentirse cansado.

A peza foi o Traballo de Fin de Grao do Grao en Comunicación Audiovisual da UDC e foi presentada a El Pecado – Certamen Internacional de Cortometrajes (2024)

II: CIENCIA FICCIÓN

May You Live to See the Dawn | Patricia Lleras e Ramón Martínez

2024 | 15 minutos | Inglés

Ao entrar no aEther, un ciberespacio similar á chamada Matrix, creado pola corporación máis poderosa do ano 2107, tres rapaces deberán enfrentarse á personificación do seu pasado a través dos tres diferentes niveles da simulación. Past guiaraas ata o nivel máis escuro, o Limbo.
Alí Aura, Apollo e Daphne dánse conta de que seguir persiguindo o seu pasado e alienarse da realidade non encherá o vacío que vive nelas. Por iso, deciden abandonar todo para chegar ata o amencer.

A peza foi seleccionada na Sección SUPERNOVA do Curtocircuito Festival Internacional (2024), na Sección Escolas do Festival INTERSECCIÓN (2024) e na Sección XÉNESE – Novxs creadorxs do XOCIVIGA (2024)

CINEXIN | Luján Monteiro

2024 | 23:45 minutos | Castelán

Nun mundo onde a sociedade está absorbida pola tecnoloxía actual, Mariana (19) unha rapaza que sente que non encaixa no entorno que a rodea, un día atopa nunha tenda de antigüedades un vello proxector de cine, que a fará emprender unha viaxe ao pasado.

A peza foi o Traballo de Fin de Grao do Grao en Comunicación Audiovisual da UVigo e foi presentada aos Premios Mestre Mateo 2025

III: OUTRAS FORMAS

Aracne (ou a araña que non podía tecer) | Daniel Iglesias

2024 | 1:33 minutos | Galego

A soidade come por dentro a Aracne, unha pequena araña que non é capaz de producir a súa propia tea. É diferente e iso faina única. Tristemente, ela non o sente igual. Un día atopa o que parecen os restos dunha telaraña, e emprenderá unha viaxe para descubrir a súa orixe. Podería ser unha nova amiga?

Fancine de Lemos 2024 – Festival de cine fantástico de Monforte (Monforte de Lemos, España) | Sección Oficial – Art All Night – Trenton: Film Festival 2024 (Trenton, EE.UU.) | Sección Oficial – MANIFEST – Mafra Animation Film Festival 2024 (Ericeira, Portugal) | Sección Pequefreak – Galician Freaky Film Festival GFFF 2024 (Vigo, España) | Sección Xermolar – XOCIVIGA 2024 (Carballiño, España) | MosMos – Mostra Stop Motion de Sagunt 2024 (Sagunto, España)

Sinapse | Carlos Cuesta

2024 | 4:06 minutos | Galego

Andrea,unha anciá con Alzheimer, recibe a visita da súa filla Marta na residencia na que se atopa. Durante este encontro, terá unha épica batalla na súa mente contra un monstro que simboliza a súa enfermidade.

A peza nace coma un Traballo de Fin de Grao na titulación de Creación Dixital, Animación e Videoxogos da UDC, foi presentada o 1 de xullo de 2024 e seleccionada na Categoría de FasCurtas no OUFF – Ourense Film Festival (2024)

Cruzar el río | Daniel Sabucedo

2024 | 2:14 minutos | Castelán

Curtametraxe feito unicamente con fotografías.
O río é un lugar místico onde os desexos máis profundos se atopan ao outro lado. A través do río transitan as luces, unhas criaturas brillantes e poderosas que se levan todo ao seu paso. Un rapaz quere cruzar o río, pero ten medo do que poida pasar. Aparece unha muller que lle di que non debe dubidar e debe camiñar cara diante sen mirar atrás.

A peza foi un traballo realizado para a materia de Expresión sonora e visual (extinguida) do Grao en Comunicación Audiovisual da USC e estréase en primicia no Facom Fest 2024