Nada en Lugo, licenciada en Xornalismo e Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela, leva dúas décadas traballando como xornalista en medios dixitais, desenvolvendo contidos audiovisuais para Internet e deseñando estratexias de comunicación en liña para diversos proxectos culturais, como as xa mencionadas e numerosamente galardoadas longametraxes galegas O Corno ou Matria. Na actualidade dirixe VINTE, unha revista en liña de sociedade, cultura e tendencias vinculada ao xornal Praza.gal, e traballa como xornalista e consultora de comunicación para organizacións vinculadas ao audiovisual, como a produtora Portocabo ou a Academia Galega do Audiovisual, para a que coordina a publicación Papeis da Academia.