MARTA GARCÍA

Marta García Pedreira, coruñesa do ano 2004, defínese a si mesma como entusiasta do cinema e da literatura dende nova, actualmente cursa 2º curso do Grao en Comunicación Audiovisual na nosa Facultade. Hai uns anos comezou a interesarse polos festivais de cinema da súa contorna formando parte do equipo dalgúns como Intersección na súa cidade natal. Gústalle, en especial, o cinema documental pola súa capacidade de achegarse ás historias dende diferentes puntos de vista.