I: ARQUIVO, EXPERIMENTAL, ENSAIO
Susurros do enxebre | Candela Conde
2021/2022 | 4:20 minutos | Galego
Abrir o portal e entrar.
Un espacio. Unha paisaxe sonora. A casa dos Avós.
4 xeracións habitándoa.
E a liberdade, coma un espíritu, vagando por ela.
Co título A casa dos avós foi seleccionada na Sección Novas Camadas do Festival de Cans (2022). Tras gravar novo material, converteuse en Susurros do enxebre e foi seleccionada para o (S8) Mostra de Cinema Periférico (2022)
O niño da laverca | María Martelo
2024 | 5:44 minutos | Galego
Todos temos o noso niño, que constrúen con amor aqueles que nos axudan a crecer. Os niños, como as persoas, non son eternos e unha tormenta pode alterar ou destruír o que dabamos por sentado. Encontrei a gravación familiar dunha cea de fin de ano, cando o fogar aínda estaba cheo. É unha fiestra cara o pasado, anaquiños da vida irrepetibles que o paso do tempo nos arrebata con sixilo e que nunca van volver. Nesta peza falo dun fogar en proceso de cambio; do esteo despois da tormenta; dun niño, o meu, en reconstrución.
A peza foi seleccionada para a Sección Paraíso do (S8) Mostra de Cinema Periférico e proxectada na “Eira de cineastas” durante o IX Chanfaina Lab
.jpeg | Anxo González
2024 | 4:55 minutos | Galego
No 2005, cando compramos a nosa primeira cámara dixital, deixamos de imprimir fotografías. Das imaxes desa cámara, consérvanse ata o ano 2008. O resto están desaparecidas. Unha perda de anos.
A vida está cada vez máis ligada á imaxe. Cada persona pode realizar unha fotografía no momento que o precise. Pode realizar varias fotografías do mismo instante sen custo. Almacenalas non é un problema, tanto en discos duros como en servizos online. Considerámolas a salvo.
A facilidade do proceso implica unha maior produción, polo que acabamos enterrados en imaxes. Da cantidade nace o desapego. Desvinculadas da nostalxia, resulta máis sinxelo eliminalas.
Estas cuestións contrastan coas fotografías en formato impreso. A súa materialidade fai que existan e teñan presenza. Son inevitables. Aínda que estén escondidas na esquina dun trasteiro ou no fondo dunha estantería, podemos encontralas por casualidade.
A peza foi seleccionada na Sección NOVAS CAMADAS do Festival de Cans (2024) e na Sección SUPERNOVA do Curtocircuito Festival Internacional (2024)
Un abrazo es un Mundo Entero | Manu Sacoga
2024 | 14:09 minutos | Castelán
Dalia, unha rapaza de 25 anos, decidiu recluírse na súa habitación debido á súa ansiedade social. Traballando online desde casa, mergúllase en mundos novos e realidades virtuais. De súpeto atopará un USB que non lembraba ter, e atopará unha carta esquecida, na que unha amiga pedíalle cumprir unha promesa xunto a ela. Dalia reflexionará sobre a nostalxia, a súa amizade e a súa avoa falecida.
Sección Escolas Galegas – FICBUEU 2024 (Bueu, España) | Sección Oficial – MICE 2024 (Valencia, España) | Sección Oficial – Post-Cinema Film Festival 2024 (Siracusa, Italia) | Sección Oficial – Inland Independent Film Festival 2024 (Araraquara, Brasil) | Sección Oficial – Festival Internacional de Cine Austral 2024 (Córdoba, Arxentina)
Nó-las dúas | Candela Gándara e Iria Rodríguez
2024 | 16:15 minutos | Galego
Nó-las dúas é unha correspondencia fílmica dividida en cinco capítulos a través dos cales dúas amigas conversan sobre o paso do tempo, a beleza e a memoria. Unha curtametraxe sobre as vivencias de dúas universitarias en Santiago de Compostela, que pretende destacar os parques e zonas verdes da cidade coa súa imaxe visual. Dende unha mirada contemplativa, Iria e Candela plasman a súa propia visión que choca coa realidade dun mundo que vai cada vez máis rápido.
A peza foi estreada en xuño de 2024 na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, xunto coa exposición de fotografía que a acompañaba
lo que no sé | Daniela Rey
2022 | 1:36 minutos | Castelán
Un exercicio de montaxe, un video poema, un autorretrato que busca, busca e busca. Unha pieza que se encerra na miña habitación e expón algunha das cousas que non sei.
A peza foi creada para un exercicio de montaxe de segundo de carreira, no que pedían que encapsulasen un sentimento que os represente. Foi proxectada na clase e subido a YouTube
II: DOCUMENTAL
O Courel: Terra dura, terra brava | Maruxa González
2023 | 25 minutos | Galego
Durante o verán de 2022 produciuse en España a vaga de incendios máis devastadora das últimas dúas décadas. Galiza foi unha das comunidades máis afectadas, con máis de 50.000 hectáreas arrasadas polo lume. No Courel rexistrouse o incendio máis grande do verán, coas lapas calcinando aldeas enteiras.
Aínda que se determinou que a orixe do incendio do Courel foi un raio, os veciños que viron as súas casas arder pregúntanse se as medidas de prevención e extinción foron suficientes. Os incendios forestais espertan varias incógnitas e, como cada ano, despois da tempada de alto risco, xorde de novo a polémica.
Este traballo audiovisual busca reconstruír o incendio do Courel a través dos testemuños dos veciños. Á súa vez, varios expertos na materia tentarán abordar os principais dilemas relacionados cos incendios
forestais.
A peza foi presentada na Mostra de curtas de Noia (2023) e nominada a Mellor película galega na Semana de cine de Lugo (2024)
Manolo | Beatriz Real
2024 | 4:42 minutos | Castelán, galego
Manolo é unha curta que parte dun traballo sobre construcción e narración de personaxes para documental. Presenta a Manolo, un técnico. Nárrase o día a día deste como traballador na Facultade de Ciencias de Comunicación da USC e explórase a importancia do seu traballo e a repercursión que ten no alumnado.
A peza foi creada para un Curso de Documental e estrearase en primicia no Facom Fest 2024
Bajando a Graná, subiendo al Albayzín | Nayra Gallardo
2024 | 21:27 minutos | Castelán
Loli ten 59 anos, os mesmos que leva vivindo no Albayzín. A súa vida, igual que a dos seus veciños, é a vida do barrio. Este é un recorrido pola súa historia e o seu día a día, ambos marcados polo seu entorno e o que significa para ela.
A peza foi presentada a Cinemística 2024: Festival de cine en Granada, a DocsBarcelona (2024), a DocumentaMadrid (2024) e a Zinebi (2024)