O Facom Fest presenta a súa selección de obras

O festival seleccionou un total de 42 pezas, das cales 36 forman parte da súa sección competitiva e seis da non competitiva.
Autoras e autores vinculados a centros de toda Galicia compiten nesta terceira edición.
Entre os visionados atópanse obras no inicio da súa distribución, mais tamén outras cun percorrido xa notable, como Os espazos en branco, Mestre Mateo a mellor filme documental.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2024. A primeira quenda de visionados e coloquios (todos eles con entrada de balde) chega o luns 25 a partir das 16:00 no Auditorio da Facultade das Ciencias de Comunicación, protagonizada por obras pertencentes á sección competitiva. Exhibiranse así Susurros do enxebre de Candela Conde, O niño da laverca de María Martelo, .jpeg de Anxo González, Un abrazo es un mundo entero de Manu Sacoga, Nó-las dúas de Candela Gándara e Iria Rodríguez e Lo que no sé de Daniela Rey como pezas de non ficción. Ás 18:00 da tarde será a quenda da ficción, onde se poderán ver Cans de Ferro de Zahira Teijelo e Ana Sánchez, O porco de Hugo R. Morgado, Gralla de Daniel Fernández Filloy e Rebeca Tella, Somnia de Cristóbal Añón, Ancora de Miguel R. Berride e Teide de Daniel Castro e Sara Bernárdez.

Durante a tarde do martes exhibiranse Xana de Carmen Gómez, May you live to see the dawn de Patricia Lleras e Ramón Martínez, Taquión de Miguel López e Cinexín de Luján Monteiro como obras de ficción. Despois, terá lugar o visionado de toda a categoría de videoclip en dous bloques consecutivos. A primeira rolda de visionados de videoclips en competición estará conformada por Psicosis de Isaac González, Bandolero de Marko Otero, Sísifo de Daniel Filloy, Trilero de Martín Carrera e No aguanto de Fernando Sanmartín. Na segunda rolda proxectaranse Esto es Sunwalk! de Javi Sega e Enrique do Rosario, May de Daniela Rey, De vuelta al mañana de Jairo Jardón, Mi Cruz de Miguel Barcía e Incontinencia de Breixo González.

Á mesma hora que nas dúas xornadas anteriores, o mércores proxectarase derradeiro grupo de obras de ficción, no que se inclúen Maquetas de Jaime Sebe, Aracne de Daniel Iglesias, Alma de Uxía Ferreira, Sinapse de Carlos Cuesta, Porquenoncontestas??? de Telmo Portas, Cruzar el río de Daniel Sabucedo e Vestigi de Pablo Goirigolzarri e Felix Malz. Este terceiro día pecha co visionado da longametraxe Os espazos en branco, ópera prima de Bruno Arias, a través da cal o director vigués trata de conectar coa lembranza da súa tía, a recoñecida poetisa Xela Arias. Este filme, no que traballou antigo alumnado da facultade, foi galardoada co Mestre Mateo á mellor documental neste 2024.

O xoves 28 ás 16:00, Courel: Terra dura, terra brava de Maruxa González; Bajando a Graná, subiendo al Albaycín de Nayra Gallardo e Manolo de Beatriz Real pecharán a categoría competitiva de non ficción no Auditorio. A continuación, no Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación arrinca a primeira quenda da sección non competitiva de curtametraxes, na que se amosarán Borrador de Covadonga Yanes e Daniel Rodríguez, Coleccionista de Soños de Cristóbal Añón e Todo Dicho de Nel González. Por último, O coidado de Miguel Canalejo e Voces da conserva de Lesmes Iglesias e Jesús Silva darán peche á categoría non competitiva como as últimas proxeccións do festival, sen contar a Gala de entrega de premios dese mesmo día, na que poderán volver verse as pezas gañadoras.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *