Nada no 2001 en Vigo e interesada dende a infancia na música tradicional, a escrita (especialmente poética) e o estudo da interpretación teatral, participa dende a adolescencia en proxectos teatrais internacionais e publica algúns dos seus textos en libros como 21 poetas do século XXI ou Alguén nos lembrará. No 2019 descántase pola carreira de Dirección Escénica e Dramaturxia, da que cursa o último ano en Vigo, logo dunha estadía en Porto, por atopar nesta linguaxe a forma de aunar todos os seus intereses. Aprende a cantar e a tocar a guitarra de xeito autodidacta e inicia, no 2020, un proxecto poéticomusical como Sara Faro, ligado á militancia e formación feminista. No 2021 coñece a María Pérez, xunto á que funda o proxecto musical Fillas de Cassandra, publicando no 2023 o álbum Acrópole, unha revisitación das heroínas da mitoloxía clásica e da narrativa instaurada arredor dos seus