Estradense do ano 1990, é Master en Produción Executiva PROA-Blanquerna en Barcelona e Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo. Entre 2019 e 2021 traballa na produtora catalá Lastor Media en proxectos como Suro (2022) ou Mediterráneo (2021). Traballa como directora de producción no filme As Neves de Cósmica Producións con Aquí y Allí Films. Desenvolve o posto de xefa de produción en varias producións, entre as que destaca O Corno (2023) de Jaione Camborda, Matria (2023), a primeira longametraxe do tamén xurado nesta edición Álvaro Gago, ¿Qué hicimos mal? (2021) de Liliana Torres ou Nación (2021) da catedrática na nosa Facultade Margarita Ledo. Como produtora executiva dende Sétima está distribuíndo a longametraxe Cando toco un animal, primeira película de Ángel Filgueira, producindo o documental Filmei paxaros voando de Zeltia Outeiriño e financiando As liñas descontinuas, a segunda longametraxe de Anxos Fazáns.