XIMENA TORRÓN

Lucense de 19 anos cuxo corazón pertence á vila na que pasaba os seus veráns, Navia de Suarna. Actualmente atópase cursando terceiro de Comunicación Audiovisual lonxe da FaCom, xa que este ano está a estudar na Universidade Xoán Pablo II, na cidade de Cracovia. Dentro do mundo audiovisual realizou diversos traballos en pequenas curtas, webseries e videoclips como iluminadora, montadora, foto, dirección de arte e mesmo directora. Así, un dos seus traballos máis importantes foi a dirección do videoclip da canción 40k do compostelán Futuro Alcalde ou a dirección de arte xunto con Lía Marqués nunha webserie que se estreará próximamente chamada 1/2cre. Por outro lado, tamén ten un especial cariño polo teatro. Así, actuou varios anos na compañía lucense de Palimoquiños e o ano pasado formou parte da compañía da USC como asistente de dirección.