ÁNGELES HUERTA

Ángeles Huerta é unha directora de cine e guionista. Nada en Xixón, Asturias, formouse en dirección cinematográfica na Met Film School de Londres. Actualmente está traballando nun filme chamado Antes de Nós, un drama sobre a figura de Castelao, que busca entender como era este, profundizando nas súas emocións e circunstancias.

Recentemente realizou O corpo aberto, longametraxe de terror basado nun relato do escritor galego Xosé Luis Méndez Ferrín, que marcou o seu debut na ficción tras varios documentais. Outro dos seus traballos máis relevantes foi o documental Esquece Monelos, que trata sobre a historia e o esquecemento do río Monelos, onde tamén reflexiona sobre a memoria urbana e a pérdida da natureza. Foi o documental galego máis premiado en 2017, recibiu o Premio Mestre Mateo a Mellor Documental, a Mellor Dirección de Fotografía e a Mellor Montaxe. Ademais obtivo a Mención ESpecial do Xurado do certame Documentamadrid 6 e foi finalista na categoría de Mellor Documental dos Premios Feroz de 2016.

O corpo aberto (2022)
Esquece Monelos (2016)