I: MISTERIO E THRILLER
Cans de ferro | Zahira Teijelo e Ana Sánchez
2023 | 16:21 minutos | Galego
Cans de ferro é a historia da humanidade. A historia do pobo opoñéndose á explotación dos poderosos. A historia de tantas familias. Unha ficción na que presentamos os brancos, negros e grises de loitar por non deixarse amedrentar polo poder duns poucos. Accións, erros e lume dánse a man nesta curta cun final que chama ao perdón e as armas.
A peza foi seleccionada para a XLVI Semana de Cine de Lugo (2024) e recibiu o segundo premio na Categoría de FasCurtas no OUFF – Ourense Film Festival (2024)
O porco | Hugo R. Morgado
2024 | 3:30 minutos | Galego
Diego é un narcisista que finxe ser activista para poder manter relacións sexuais cunha chica, Uxía. Estos 2 tratan de entrar nunha granxa de porcos para mostrar o seu apoio contra o maltrato animal. Mentras iso sucede Diego delátase e Uxía empeza a comprender a situación. O que non saben é que chaman a atención do granxeiro o cal acabará coas súas vidas.
A peza foi seleccionada na Categoría de FasCurtas no OUFF – Ourense Film Festival (2024) e para o Notodofilmfest. Festival de cine online (2024)
Gralla | Daniel Fernández e Rebeca Tella
2024 | 17 minutos | Galego
Anos antes do banquete de TARA, coa institución xa instaurada e nun mundo cunha moral cada vez máis corrupta, Gralla, unha sacerdotisa solitaria, emprende unha viaxe co seu confesionario errante predicando unha nova forma de perdón… ata que un home misterioso decide cuestionala.
A peza nace coma proxecto conxunto de Traballo de Fin de Grao do Grao en Comunicación Audiovisual da UVIGO nas disciplinas de Arte, Música e Fotografía. Foi estreada no Festival CURTOCIRCUITO de Santiago de Compostela (2024), e foi seleccionada para o OUFF de Ourense (2024) e para o FICUC (Festival Internacional de Cinema da Universidade Central) de Colombia (2024)
Somnia | Cristóbal Añón
2024 | 11 minutos | Galego
Que pasaría se a obsesión dunha psicóloga polos problemas dos seus doentes a somerxen nunha viaxe cara os abismos da súa propia mente, onde os límites entre a realidade e os soños se desdebuxan? Isto é o que lle acontece a Marga, cando recibe na súa consulta a Rebeca, unha doente atormentada por uns soños perturbadores.
A peza foi un Traballo de Finde Grao da Facultade de Comunicación da UDC, obtivo unha cualificación de 10 e foi gañadora do Premio do Público do Concurso Rodando en donde puedas no Festival Internacional de Cine de Gijón/Xixón (2024)
Ancora | Miguel R. Berride
2024 | 14:57 minutos | Galego
Cris e Elia son unha parella que busca ter un fillo e que parece vivir unha historia de amor case perfecta. Dentro desta relación hai una certa tensión subxacente, problemas pasados, control, medos e un mal cheiro persistente no faiado ao cal Cris ten prohibido ir. Tras unha forte discusión, Cris acaba desafiando a súa parella e entrando no faiado prohibido, a pesar das advertencias dela. Unha vez aí, Cris encóntrase cunha cruda revelación: o cadáver de Elia. Tras batirse en duelo ca súa realidade, Cris decide irse do faiado e pechar a porta, dando comezo outra vez ao bucle no que está sumido.
A peza foi seleccionada na Categoría de FasCurtas no OUFF – Ourense Film Festival (2024)
Teide | Daniel Castro e Sara Bernárdez
2023 | 12:05 minutos | Galego
Víctor é un home de 35 anos relaxado, tranquilo e con certo carisma. Un día chega de visita a casa do seu irmán Sergio, pero este non se atopa na casa. Alí, comeza a ver sucesos estraños e a sentirse cansado.
A peza foi o Traballo de Fin de Grao do Grao en Comunicación Audiovisual da UDC e foi presentada a El Pecado – Certamen Internacional de Cortometrajes (2024)
II: CIENCIA FICCIÓN
Xana | Carmen Gómez Puy
2024 | 19 minutos | Castelán
Xana, unha condutora de uber que sofre de soidade e que necesita medicarse diariamente, coñece a unha estraña muller que promete non deixala sola xamais; a cambio, Xana debe ensinarlle a actuar, sentir e pensar como os seres humanos.
A peza foi realizada para a materia de Dirección de Ficción no Grao en Comunicación Audiovisual da USC e preséntase por primeira vez no Facom Fest 2024
May You Live to See the Dawn | Patricia Lleras e Ramón Martínez
2024 | 15 minutos | Inglés
Ao entrar no aEther, un ciberespacio similar á chamada Matrix, creado pola corporación máis poderosa do ano 2107, tres rapaces deberán enfrentarse á personificación do seu pasado a través dos tres diferentes niveles da simulación. Past guiaraas ata o nivel máis escuro, o Limbo.
Alí Aura, Apollo e Daphne dánse conta de que seguir persiguindo o seu pasado e alienarse da realidade non encherá o vacío que vive nelas. Por iso, deciden abandonar todo para chegar ata o amencer.
A peza foi seleccionada na Sección SUPERNOVA do Curtocircuito Festival Internacional (2024), na Sección Escolas do Festival INTERSECCIÓN (2024) e na Sección XÉNESE – Novxs creadorxs do XOCIVIGA (2024)
Taquión | Miguel Barcia
2023 | 4 minutos | Galego
Unha historia de ciencia ficción que combina vídeos caseiros con fotogramas impresos e escaneados, que suxiren a distorsión dos recordos.
A peza foi seleccionada para os Premios Fouciño (2024), e premiada na Sección NOVAS CAMADAS do Festival de Cans (2024) e na Categoría Videocreación dos Programa Xuventude Crea (2023)
CINEXIN | Luján Monteiro
2024 | 23:45 minutos | Castelán
Nun mundo onde a sociedade está absorbida pola tecnoloxía actual, Mariana (19) unha rapaza que sente que non encaixa no entorno que a rodea, un día atopa nunha tenda de antigüedades un vello proxector de cine, que a fará emprender unha viaxe ao pasado.
A peza foi o Traballo de Fin de Grao do Grao en Comunicación Audiovisual da UVigo e foi presentada aos Premios Mestre Mateo 2025
III: OUTRAS FORMAS
MAQUETAS | Jaime Sebe
2024 | 1:12 minutos | Galego
Dous compañeiros atópanse na parada do autobús e comparan os traballos que deben entregar en clase. Debido ás súas diferencias creativas, comezan unha discusión que retrata de forma animada os pequenos e olvidados momentos da infancia, cando o único importante era aquilo que acontecía entre as catro paredes da aula da escola.
A peza nace coma un traballo para a materia de Dirección de ficción no Grao en Comunicación Audiovisual da USC e estrearase en primicia no Facom Fest 2024
Aracne (ou a araña que non podía tecer) | Daniel Iglesias
2024 | 1:33 minutos | Galego
A soidade come por dentro a Aracne, unha pequena araña que non é capaz de producir a súa propia tea. É diferente e iso faina única. Tristemente, ela non o sente igual. Un día atopa o que parecen os restos dunha telaraña, e emprenderá unha viaxe para descubrir a súa orixe. Podería ser unha nova amiga?
Fancine de Lemos 2024 – Festival de cine fantástico de Monforte (Monforte de Lemos, España) | Sección Oficial – Art All Night – Trenton: Film Festival 2024 (Trenton, EE.UU.) | Sección Oficial – MANIFEST – Mafra Animation Film Festival 2024 (Ericeira, Portugal) | Sección Pequefreak – Galician Freaky Film Festival GFFF 2024 (Vigo, España) | Sección Xermolar – XOCIVIGA 2024 (Carballiño, España) | MosMos – Mostra Stop Motion de Sagunt 2024 (Sagunto, España)
Alma | Isabel Fariña e Iria Diéguez
2024 | 20 minutos | Galego
Unha moza chamada Alma atopa un caderno nun parque. Trátase dun diario no que ve anotacións e debuxos de diferentes lugares, xunto a unha tira de fotomatón usada como marcapáxinas.
Decide ir aos lugares debuxados no caderno co propósito de devolverllo a súa dona, utilizando a tira de fotomatón como referencia para encontrala.
Durante a procura, Alma le as reflexións escritas no diario e comeza a identificarse cos sentimentos plasmados nas súas páxinas.
A peza nace coma o primeiro proxecto da produtora Mómaro, creada por un grupo de 10 estudantes de Comunicación Audiovisual para levar a cabo a súa produción, e estréase en primicia no Facom Fest 2024
Sinapse | Carlos Cuesta
2024 | 4:06 minutos | Galego
Andrea,unha anciá con Alzheimer, recibe a visita da súa filla Marta na residencia na que se atopa. Durante este encontro, terá unha épica batalla na súa mente contra un monstro que simboliza a súa enfermidade.
A peza nace coma un Traballo de Fin de Grao na titulación de Creación Dixital, Animación e Videoxogos da UDC, foi presentada o 1 de xullo de 2024 e seleccionada na Categoría de FasCurtas no OUFF – Ourense Film Festival (2024)
PORQUENONCONTESTAS??? | Telmo Portas
2023 | 2:06 minutos | Galego
Esta curta experimental reflexa dous bucles. Un bucle de intuición e outro de autodestrución. Unha nai sábeo todo, e está disposta a baixar ao inferno por alguén que esqueceu se está durmido ou esperto.
A peza nace coma un proxecto académico para a materia de Montaxe e fotografía no 2023 e estréase en primicia no Facom Fest 2024
Cruzar el río | Daniel Sabucedo
2024 | 2:14 minutos | Castelán
Curtametraxe feito unicamente con fotografías.
O río é un lugar místico onde os desexos máis profundos se atopan ao outro lado. A través do río transitan as luces, unhas criaturas brillantes e poderosas que se levan todo ao seu paso. Un rapaz quere cruzar o río, pero ten medo do que poida pasar. Aparece unha muller que lle di que non debe dubidar e debe camiñar cara diante sen mirar atrás.
A peza foi un traballo realizado para a materia de Expresión sonora e visual (extinguida) do Grao en Comunicación Audiovisual da USC e estréase en primicia no Facom Fest 2024
Vestigi | Pablo Goirigolzarri e Felix Malz
2023 | 6 minutos | Galego
Unha rapaza esperta nunha rave dentro dunha fábrica abandonada. Terá que percorrera fábrica e descubrir as pantasmas que a habitan.
A peza foi seleccionada na Sección Nous Talents do BCN FILM FEST (2024)