Os espazos en branco | Bruno Arias
2023 | 74 minutos | Galego
As persoas somos o que somos por mor de quen nos inspira. Desde que nacemos, constrúen as nosas personalidades, intereses e ambicións os reflexos da xente á que admiramos, das nosas referencias. Bruno leva moito tempo cunha espiña cravada: non lembra case nada de quen máis lle influíu na súa vida. A súa tía Xela morreu cando el tiña 5 anos e só lle quedan dela as memorias doutras persoas. É por iso que, dezaoito anos despois, Bruno decide transitar as caras e lugares que viviu a súa tía para dar luz a este conflito interno a través da primeira herdanza que lle deixou: o impulso creativo.
A peza foi estreada na 37ª edición do festival CINEUROPA (2023), seleccionada na Sección ENCONTROS en Novos Cinemas (2023) e na Sección Competición Galicia do Playdocfest de Tui (2024). Gañou o premio a Mellor Documental nos Premios Mestre Mateo (2024)
Borrador | Covadonga Yanes e Dani Blue
2024 | 8:39 minutos | Galego
Un frustrado guionista reúnese cos seus colegas de toda a vida para disfrutar duns minutos no medio da axetreada rutina, pero non pode separarse dos seus dilemas artísticos. Nun intento de axudalo a superar este bloqueo creativo, os seus amigos invadirán a obra na que está a traballar.
Borrador é produto da materia de Dirección de Ficción no Grao en Comunicación Audiovisual da USC, impartida por Eloy Domínguez Serén
Coleccionista de soños | Cristóbal Añón
2024 | 2 minutos | Galego
Unha rapaza atópase encerrada nun hospital, viaxando polos soños que lle fan sentirse en liberdade.
A peza foi seleccionada para a Mostra de Curtas de Noia (2024) e gañou o 3º premio no Concurso de curtas sobre a doazón de médula ósea de ADOS (2024)
Todo dicho | Nel González
2024 | 6:31 minutos | Castelán
Durante un duelo, dous singulares vaqueiros son entrevistados por separado, expresando ante a cámara as súas verdadeiras intencións.
A peza estréase en primicia no Facom Fest 2024
O coidado | Miguel Canalejo
2023 | 19:02 minutos | Galego
Eduardo é un home que comeza a ter problemas para coidar de si mesmo. Na súa casa, a que noutro tempo foi a casa familiar, vive só cun androide cuxa única función é mellorar a súa calidade de vida. A través do trato co robot, Eduardo atopa a relación de intimidade que non é quen de afianzar co seu fillo Anxo.
Mellor Actor Protagonista – Festival De Cans | Mellor Curtametraxe – Premio Mestre Mateo Da Academia Galega Do Audiovisual | Premio Do Público – Festival De Curtametratges De Vila-Seca (FICVI) | Mellor Actor – Madrid Indie Film Festival | Mellor Actor – Lisboa Indie Film Festival | Sección Oficial – Lisboa Indie Film Festival | Mención Especial – Norte Cinema Diverso
Voces da conserva | Lesmes Iglesias e Jesús Silva
2024 | 20 minutos | Galego
Encarnación, unha muller da comarca Barbanza en Arousa, dedicou a súa vida a traballar no sector da conserva. A través da súa historia, búscase concienciar e sensibilizar sobre a pegada que deixa a conserva e as fábricas de salgadura a través do seu patrimonio material e inmaterial no territorio
A peza foi estreada o 17 de xaneiro de 2024 no Pazo de Goiáns