Desde o Facom Fest queremos que as diferentes actividades e proxeccións do noso proxecto se leven a cabo nun entorno seguro, acorde aos valores que defendemos como iniciativa cultural e social. De igual maneira, non queremos servir como plataforma nin axudar a dar voz a persoas, entidades ou obras que incidan en condutas discriminatorias ou violentas. Por iso, de cara a que os espazos do festival estean libres de actitudes machistas, racistas, homófobas, tránsfobas e agresivas en xeral, fixamos o seguinte protocolo.
PREMISAS XERAIS
1. Non se tolerará o acoso físico, verbal e non verbal, as agresións ou os abusos.
2. Unha agresión ocorre cando unha persoa se sente agredida. Cada persoa ten dereito a fixar os seus límites e non é lexítimo cuestionalos. É especialmente importante prestar atención a agresións en relación á identidade de xénero, a orientación sexual, a orixe, o aspecto físico… ou outras manifestacións de abuso de poder, habitualmente apoiadas por estructuras sociais que sustentan estas discriminacións.
ACCIÓNS
O equipo do festival estará identificado por unha acreditación. Calquera das persoas do equipo está dispoñible para atender e actuar diante dunha situación violenta: se presencias ou sufres unha destas situacións, pona en coñecemento da organización.
Calquera acción contará sempre co consentimento da persoa agredida e farase de forma consensuada e sen identificar publicamente ás partes implicadas.
As medidas que se tomen non se farán como castigo, senón como ferramenta para garantir que o Facom Fest se leva a cabo nun entorno seguro. A intención é que as persoas que agreden reflexionen sobre o sucedido e poidan reparar o posible dano causado e cesar nesas actitudes.
A intención da organización é evitar calquera situación de violencia pero, en caso de que a situación exceda as posibilidades de actuación do equipo, poderase acompañar ás persoas afectadas da acción das entidades necesarias.