Xaime Miranda é un dos autores cunha traxectoria máis destacada no ámbito do videoclip en Galicia. Un dos seus proxectos máis relevantes foi o videoclip De Bruma e Salitre, da banda galega Mileth. Foi premiado a mellor videoclip no Festival Internacional de Cine de Vigo e tamén no OUFF – Festival de Cine de Ourense.
Ademais, tamén traballou con artistas como Grande Amore, Boyanka Kostova, Oh Ayatollah, Agoraphobia, Heredeiros da Crus, Xoel López ou Ortiga.