Facom Fest 2025

O FACOM FEST REGRESA NA SÚA 4ª EDICIÓN

  • Nesta cuarta edición, o festival organizado por alumnado da USC amplía a súa sección competitiva e abre as portas a estudantes de todo o mundo.
  • O festival levarase a cabo do 24 ao 27 de novembro, cun programa que combina proxeccións, obradoiros, charlas e concertos.
  • Queda aberta a inscrición dende o día 22 de outubro ata o 7 de novembro.

Os estudantes de 4º de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela reviven o Facom Fest do 24 ao 27 de Novembro. Nesta edición, este festival organizado polo estudantado para o estudantado procura continuar o seu propósito de visibilizar os filmes de persoas que están a formarse no audiovisual e servir de punto de unión entre o ámbito formativo e o sector profesional. Para elo, levarán a cabo proxeccións e actividades e, por primeira vez, darán a oportunidade de participar a estudantes de fóra de Galicia. 

Imaxe do facomfest do ano pasado, público e escenario

Esta 4º edición celebrarase entre os días 24 e 27 de novembro de 2025 na cidade de Santiago de Compostela, convertendo á Facultade de Ciencias da Comunicación da USC no principal punto de encontro para as persoas interesadas na creación audiovisual. Manterase a súa clásica sección competitiva, pero con unha novidade; nesta  4ª edición do festival a sección competitiva dividirase en dúas categorías: galega e internacional, coa segunda aberta a persoas formadas en calquera centro de estudos de fóra de Galicia. O festival vén de abrir a convocatoria para recibir pezas e as bases están dispoñibles nas súas redes sociais

Esta edición, ademais de manter a sección non competitiva das anteriores edicións do festival, a programación do Facom Fest 2025 completarase inaugurando unha sección centrada na tecnoloxía, as novas intelixencias e a imaxe dixital e así reflexionar sobre as novas posibilidades e retos do sector audiovisual contemporáneo.

O Facom Fest 2025 concederá dous premios principais: o Premio Galego valorado en 300 euros e acompañado dunha mentoría virtual personalizada de catro horas coa distribuidora La Machina, e o Premio Internacional, cunha valoración de 200 euros. Ademais, o xurado –que combinará a presenza de estudantes coa de profesionais do sector audiovisual– poderá outorgar ata cinco mencións especiais en cada categoría, como poderán ser Dirección, Dirección de Arte ou Son. E para rematar, o festival quere deixar clara a importancia do público nesta nova edición, polo que tamén contará cun Premio do Público.

En canto ó apartado musical, mantense o nivel de excelencia da edición anterior, que contou coa presencia de artistas como Jade4 ou coa iniciación ao Djing de Galician Army. Nesta ocasión o escenario encherase do talento de artistas como Noelia Perpetuo ou Blackstorm Band.

Con esta nova edición o Facom Fest consolídase como un referente no panorama galego. Vén con moitas novedades e continúa a ser un espazo de encontro, aprendizaxe e inspiración para todo aquel aficionado ó cine.

Actividade financiada pola reitoría.

1 (2)
Scroll ao inicio