ACTIVIDADES

CONTAR HISTORIAS COMO MODO DE SUPERVIVENCIA

Charla con Javier Ferreiro, creador da serie Mariliendre

– En que consiste a actividade? O Facom Fest chega ao Campus de Lugo (USC) con esta actividade, unha semana antes do comezo do festival. Nela contaremos ca sorte de poder conversar con Javier Ferreiro, coñecer máis detalles do cartel deste ano e acudir ao visionado das obras gañadoras da edición anterior:
Gañador FacomFest 2023 FICCIÓN – Toxos de Jacqueline Reimúndez e Anxo Cambón | Gañador FacomFest 2023 NON FICCIÓN – Vulgaris de Mario Fernández Filloy | Gañador FacomFest 2023 VIDEOCLIP – No name [Beach Avenue] de Colectivo i
– Quen intervén? Conversaremos co guionista, produtor e director lucense, Javier Ferreiro, creador da nova serie Mariliendre, unha produción de Suma Content. Javier falaranos sobre a súa andaina no sector audiovisual, os seus procesos de creación e a importancia da diversidade nos seus traballos.
– Cando e onde? Terá lugar o xoves 21 de novembro ás 19:00h na Casa do Saber de Lugo.

A MALA HERBA DA PRECARIEDADE

GALA INAUGURAL + Podcast en directo con Exército Mekemeke e Mala Herba Producións

FÍOS CO PASADO

Sesión RETROSPECTIVA con curtas galegas de finais de século

– En que consiste a actividade? Trátase dunha proxección que incluirá algunhas pezas de ficción, non ficción e videoclip rodadas en Galicia nas décadas dos 70, 80 e 90, co obxectivo de conectar o festival co pasado e difundir algunhas obras que sempre estiveron aí, pero que o tempo fixo difíciles de coñecer para a mocidade galega actual.
– Que se vai proxectar? Coruña imposible de Paco Rañal (1995), Veneno puro de Xavier Villaverde (1984), Festa popular da montaña de Carlos Asorey (1987) e Galicia sitio distinto, videoclip de Antón Reixa para Os Resentidos (1988).
– Cando e onde? As pezas proxectaranse o martes 26 de novembro ás 12:00h no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Dende o Facom Fest queremos agradecer a colaboración dos autores das pezas programadas, como a do investigador Xaime Varela e da Filmoteca de Galicia no proceso de elaboración desta sesión.

TOMAR O CONTROL

Obradoiro de iniciación ao Djing con GALICIAN ARMY

AS CARAS DA DISIDENCIA

O colectivo LGTBIQA+ no audiovisual galego

– En que consiste a actividade? Esta actividade consiste nunha mesa redonda onde cinco voces que interveñen no proceso de creación audiovisual de formas diversas nos falan das problemáticas do colectivo LGTBIQA+. A través das súas experiencias, onde relatan como viven na súa propia pel moitos dos obstáculos que sofren na vida laboral, analizaremos a cuestión da representación do colectivo dende múltiples perspectivas, e falando dos seus proxectos trataremos de afondar nas mellores formas de escapar dos estigmas da disidencia. Nesta conversa invitaremos aos asistentes a repensar cuestións como a lexitimidade, a discriminación positiva ou as formulacións empregadas na construción deste tipo de personaxes.
– Quen intervén? Contaremos coa presenza de 5 persoas relacionadas coa creación artística en diversos ámbitos do audiovisual:

  • Álvaro González: director e guionista vinculado á produtora Brava, ten como proxecto cúlmen o primeiro programa drag da CRTVG, Raíña-me.
  • Bea Villar: produtora, tamén parte de Brava, foi a encargada do departamento de produción da coñecida webserie Pringadas.
  • Alberte Bello: actor e director teatral do Colectivo CBV que levou a cabo unha obra precisamente enfocada nos sentimentos que arrodean a experiencia LGTBIQA+, Menú do día.
  • Bea Saians: ligada a múltiples proxectos na liña desta mesa redonda a través da produtora CRU (Delirio Sketchs, Plumas, Delincuente), onde se prioriza a participación de mulleres e persoas LGTBIQA+.
  • Alma Alonso: recente ex-alumna da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, que comezou a súa traxectoria con proxectos relacionados coa perspectiva de xénero (Señora, por favor, financiada por Prime Video) e achegouse a esta temática a través do seu proxecto moitos moito (estreada no AMBIENTa).

    – Cando e onde? A actividade terá lugar o mércores 27 de novembro ás 12:00h, no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.

  • A INTERSECCIÓN ENTRE MÚSICA E IMAXE

    Mesa redonda sobre o VIDEOCLIP en Galicia

    GALA + FACOM FEST(A) NA SALA SÓNAR

    Gala de clausura e concerto da Facom Band + jade4, Niandra e Tank Girl

    O xoves ás 19:45 terá lugar a gala final do Facom Fest, coa entrega de premios e mencións ás pezas gañadoras. Ademais, teremos a sorte de contar coa Facom Band (@facom_band) para o concerto de clausura.

    Despois da gala, ás 23:00, vémonos de festa na Sala Sónar ao son de jade4 (@jade4banda), Niandra (@mmmmarinha) e Tank Girl (@iren.est).

    Tanto a entrada á gala como á post-gala é de balde!