Facom Fest 2025

ABERTO O CROWDFUNDING PARA APOIAR O FACOM FEST 2025!

O Facom Fest regresa na súa cuarta edición con máis forza ca nunca e con novas propostas que prometen converter Santiago de Compostela nun punto de encontro esencial para o cinema e a creación audiovisual. Para poder facer realidade todo o que temos preparado, abrimos o noso crowdfunding oficial, un espazo no que calquera persoa pode aportar o seu gran de area e axudar a que o festival siga medrando.

As achegas que se recaden servirán para cubrir distintos aspectos da organización, como os premios ás obras gañadoras, a loxística das proxeccións e actividades, a realización de obradoiros e charlas, ou a creación do merchandising oficial do festival, entre outros elementos que fan posible que o Facom Fest manteña o seu espírito aberto, participativo e de calidade.

Como podedes colaborar? 
Moi doado! Só tedes que acceder ao seguinte enlace e facer a vosa aportación:
    👉 https://gofund.me/3f2350745

Cada contribución, por pequena que sexa, é un paso máis cara a facer realidade esta cuarta edición. O voso apoio non só nos axuda a cubrir custos, senón que tamén impulsa un proxecto que busca poñer en valor o talento audiovisual, dar visibilidade a novas voces e crear un espazo de intercambio e aprendizaxe arredor do cinema contemporáneo.

Scroll ao inicio