Facom Fest 2025

Xurado

Nesta nova edición, o festival dá un paso adiante coa incorporación dunha Sección Internacional. Polo que, este ano na sección competitiva dividirase en sección internacional e sección galega.  Cada categoría estará formada por unha persoa do xurado novo, unha persoa que se dedique á critica de cine e por unha persoa que traballe dentro do sector audiovisual  coa fin de ter unha maior amplitude de percepcións en canto á valoración das obras.

XURADO NOVO

Estará composto por estudantes pertencentes á USC. A escolla deste xurado partirá da realización dun formulario que as persoas
interesadas en formar parte do festival deberán cubrir cos seus datos persoais e categoría na que lles gustaría participar.

XURADO PROFESIONAL

Estará composto por unha persoa profesional do
sector audiovisual e por unha persoa que se dedique á crítica de cine.

Scroll ao inicio