Facom Fest 2025

SECCIÓN GALEGA

XURADO PROFESIONAL

PABLO FONTENLA (VIGO, 1979)

Director de fotografía, guionista e realizador. Na súa carreira, ligada dende hai 20 anos ao sector audiovisual, traballou en multitude de proxectos como director freelance, director de fotografía, produtor, guionista e produtor executivo. Nesta primeira faceta destacamos a internacionalmente premiada Helsinki79 (2019) ou Canillejas (2013), primeira webserie de época en Europa. En 2017 funda Luou City Producións como produtora de creación e desenvolvemento de contidos audiovisuais, guión e composición musical. Estivo nomeado aos premios da Academia Audiovisual de Galicia (Mestre Mateo) nas categorías de mellor produción, fotografía, documental, curtametraxe, programa e mellor videoclip. En 2021 FORBES incluíuno na listaxe das 50 persoas con máis talento do panorama nacional. Actualmente é o presidente de CREA (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización).

VALERIA GÓMEZ (VALGA, 2002)

Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela dende o 2020 ata o 2024. Durante a súa formación, participou en proxectos como o Festival de Curtas e Videoclips Facom Fest como xefa de programación e a creación e dirección da curta Non somos nada, gañadora de varias mencións, entre a que destaca mellor guión. Complementa a súa formación cun Mestrado en Estudos da Literatura e Cultura na Universidade de Santiago de Compostela no ano 2024. En 2025 gañou o premio María Luz Morales de ensaio audiovisual internacional co traballo “A estética queer, o camp e as distintas formas de representación transxénero no audiovisual contemporáneo”. Actualmente compaxina un doutoramento en estudos da comunicación e información onde investiga o papel das mulleres e as minorías no cinema con traballo freelance, entre as que destaca son e posprodución de son para pezas audiovisuais e produción musical e de podcast.

XURADO NOVO

LAURA VALEIRAS (RIBEIRA,2002)

Laura Valeiras estuda Comunicación Audiovisual. Leva tempo vivindo o cine dende moitos ángulos: detrás e diante da cámara, escribindo guións, experimentando coa montaxe… A través de curtas, videoclips e videoensaios foi atopando a súa voz e descubrindo o poder da imaxe para contar historias. A Facom sempre foi parte deste camiño creativo, e este ano tócalle enfrontarse a un novo reto: formar parte do xurado novo do Facom Fest.

Scroll ao inicio