Facom Fest 2025

SECCIÓN INTERNACIONAL

XURADO PROFESIONAL

ALICIA FRANCÉS (VIGO, 1991)

Alicia Francés é directora de fotografía, naceu en Vigo en 1991. Comeza os estudios cinematográficos na escola de cine Orson The Kid en 2006, onde roda a súa primeira curtametraxe Hoy es mi Cumpleaños presentada no 54 Festival de San Sebastián. Posteriormente estuda Dirección de Fotografía no Instituto del Cine de Madrid (2010-2012). A súa carreira profesional comeza nese mesmo ano, 2010, e continúa ata a actualidade. Durante anos combina o traballo de operadora en programas de TV e documentais coa axudantía no departamento de cámara en series e películas de ficción. Dende 2020 traballa como directora de fotografía en publicidade, documentais e ficción e continúa como operadora de cámara e DOP de segundas unidades en diversas producións. As súas tres primeiras longametraxes como directora de fotografía atópanse en fase de posprodución: Hoxe e o Resto do Mundo (Cecilia Díaz, Matriuska), Kiro (María Yáñez, Miramemira, Zuzú, Amorambre) e O Pesadelo das Vacas (Rafa de los Arcos, Matriuska). Recentemente foi galardoada co premio a Mellor Fotografía no Festival de Cans polo seu traballo na curtametraxe Curmáns (Alejandro Jato). Membro académico da Academia Galega do Audiovisual dende 2022, foi seleccionada no Mentoring 1to1 de CIMA, programa referente a nivel europeo para impulsar a súa carreira profesional, con Gris Jordana AEC como mentora durante 9 meses entre 2024/2025.

ALBERTO ABUÍN (OURENSE, 1970)

O recordo claro máis lonxano nun cinema de Alberto Abuín é Star Wars no desaparecido Coliseo Xesteira da súa cidade natal, e o verdadeiro shock cinéfilo unha reposición de La muerte tenía un precio; dende entón soubo o que faría o resto da súa vida. Traballou en exhibición (Cine Riazor en A Coruña, IB Cinema), foi coordinador durante doce anos da web Blogdecine (actual Espinof), escritor durante tres anos na revista Imágenes de actualidad e colaborador nos libros colectivos Cine XXI (Cátedra) e Vaca films: pasión por el cine (OUFF), e en multitude de radios. Autor de El amor en 100 películas, de próxima aparición. Foi xurado no desaparecido Freakemacine, festival con sede en A Coruña, e no FANT (Festival de Cine Fantástico de Bilbao). Amago de actor e guionista. «A arte é a verdadeira herdanza do ser humano».

XURADO NOVO

EVS GARCÍA (LUGO, 2005)

Evs García é estudante do 3° curso de Comunicación Audiovisual na USC, e dirixe a compañía teatral independente El Enredo. O cine para ela significa facer entender o que non se pode expresar con palabras, e adora viaxar no mundo real e fílmico para sempre recordar o similares que somos.

Scroll ao inicio