Engade aquí o teu texto de cabeceira
DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES



Integrado por Sara, Laura, Migui, Alba e Diana, este equipo é o encargado de darlle vida a todo o que acontece máis alá das proxeccións.
O seu labor céntrase en propoñer, deseñar e coordinar as actividades paralelas que completan a experiencia do festival: obradoiros, encontros, xogos, accións participativas e todo tipo de propostas creadas para que o público poida gozar do cinema desde outras perspectivas. Ademais, prepararon concursos moi orixinais e divertidos, que xa están dispoñibles na web para que vos poidades inscribir.
Se tedes algunha dúbida, unha proposta ou simplemente queredes contactar con eles, podedes facelo en: actividades@facomfest.com