Facom Fest 2025

PROXECCIÓN ESPECIAL: DAMA AMUKA

Este xoves 20 de novembro terá lugar de 16:00 a 18:00h no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC a proxección de Dama Amuka de Dani Blue. 

Unha hora e media estará destinada á proxección da obra e a outra media hora será de coloquio co director e creador e cunha das directoras de fotografía, Elena Vázquez.

Trátase dunha ocasión idónea para estudantes e profesionais interesados no ámbito da cinematografía de artistas noveles.

Scroll ao inicio