Como novidade, este ano o festival incorpora entre os seus premios o Clac Dourado, un galardón concibido para recoñecer a traxectoria de profesionais que combinan a contribución ao sector audiovisual co apoio a personaxes e iniciativas pequenas e alternativas, particularmente no caso dos estudantes.
Así, o equipo do Facom Fest, composto por estudantes de Comunicación Audiovisual da USC, elixiu para recibir este galardón á directora, guionista e produtora Paula Cons. Cons, que estreou recentemente a longametraxe O meu ilustrísimo amigo (sobre a relación entre Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós), formouse como xornalista na propia USC e desenvolveu unha carreira no ámbito audiovisual vinculada tanto á ficción como ao documental.
No primeiro ámbito foi tamén a directora da illa das mentiras, e na non ficción dirixiu obras como A batalla descoñecida ou a serie de Netflix Onde está Marta?.
Membro de CIMA (Asociación de Mujeres Cineastas e de Medios Audiovisuais), impartiu numerosas formacións e participado como mentora en obras como Señora, por favor, producida na Facultade de Ciencias da Comunicación.