Xurado
Nesta nova edición, o festival dá un paso adiante coa incorporación dunha Sección Internacional. Polo que, este ano na sección competitiva dividirase en sección internacional e sección galega. Cada categoría estará formada por unha persoa do xurado novo, unha persoa que se dedique á critica de cine e por unha persoa que traballe dentro do sector audiovisual coa fin de ter unha maior amplitude de percepcións en canto á valoración das obras.
XURADO NOVO
Estará composto por estudantes pertencentes á USC. A escolla deste xurado partirá da realización dun formulario que as persoas
interesadas en formar parte do festival deberán cubrir cos seus datos persoais e categoría na que lles gustaría participar.
XURADO PROFESIONAL
Estará composto por unha persoa profesional do
sector audiovisual e por unha persoa que se dedique á crítica de cine.