Composto por Jacobo, Moisés, Gael e Alejandro, este equipo é o responsable de dar forma á identidade visual do festival. O seu traballo abrangue desde a creación da imaxe gráfica global: carteis, materiais para as redes sociais, deseño dos premios… ata a adaptación desta estética a todos os soportes que utilizamos, garantindo unha comunicación coherente e atractiva.
Se tedes algunha dúbida, unha proposta ou simplemente queredes contactar con eles, podedes facelo en: deseno@acomfest.com