Facom Fest 2025

Sección Galega

PREMIO A MELLOR CURTAMETRAXE

Historia dunha bicicleta (Xoán Fernández Diz). A súa proposta fílmica combina maxistralmente os elementos de dirección, montaxe e fotografía cunha coidadísima posta en escena equilibrada ao máximo nuns planos que detallan virtuosismo e matizan a historia ata acadar un resultado sobresaínte.

MENCIÓNS

MELLOR DIRECCIÓN DE FOTOFRAFÍA

Seres de luz (Hugo Carnero Rodríguez)

Destacamos a súa orixinalidade na posta en escena, a súa dedicación ao tratamento da imaxe e o seu virtuosismo técnico.

MELLOR DIRECCIÓN DE ARTE

8 portas (Miguel R. Berride).

Poñemos en valor a atención ao detalle e o traballo de ambientación mediante unha escenografía coidada e un meticuloso traballo de caracterización.

MELLOR GUIÓN

La casa de la abuela (Ashling Ocampo Colvin)

Por conseguir relatar unha historia perfectamente íntegra que pon en valor as fortalezas dos seus personaxes e captura todos os seus detalles a la casa de la abuela.

MELLOR MONTAXE

Historia dunha bicicleta (Xoán Fernández Diz)

Pola súa aposta por unha montaxe de autor que encaixada con elementos diferenciadores e virtuosos fan que a peza brille con luz propia creando un universo propio.

MELLOR TRATAMENTO DO ARQUIVO

O Corpiño (Blanca Navarrete e Antía Rodeiro)

 Polo minucioso traballo da directora e a súa destreza seleccionando e ordeando as capas da historia individual e colectiva.

Scroll ao inicio