Facom Fest 2025

PREMIO CLAC DOURADO APAULA CONS. CONSTRUÍR UN FUTURO: experiencia, perspectiva de xénero e portas de entrada ao sector audiovisual.

📅 Martes 25 de novembro
🕧 12:30 h
📍 Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC

A entrega do Premio Clac Dourado inaugura unha nova liña dentro do Facom Fest: un recoñecemento anual a profesionais que destacan pola súa contribución ao sector audiovisual e polo seu apoio ás novas xeracións de creadoras e creadores. Nesta primeira edición, o galardón recae na directora, guionista e produtora Paula Cons, unha das voces máis relevantes do audiovisual galego contemporáneo e cun profundo vínculo coa USC, onde iniciou a súa formación.

 

Esta actividade consistirá nun coloquio aberto ao público, no que se explorarán os diferentes camiños de acceso á industria audiovisual a través da experiencia profesional dunha cineasta que construíu a súa carreira desde cero. A conversa abordará cuestións como a entrada ao sector, os desafíos que afrontan as novas xeracións, o papel das mulleres na industria, a importancia da perspectiva de xénero ou o equilibrio entre creación, produción e formación.

A sesión comezará cunha breve introdución da profesora Marta Pérez Pereiro, que contextualizará a traxectoria de Cons. A continuación, dous estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación tomarán a moderación dun diálogo que pretende ser próximo, práctico e inspirador, pensado especialmente para quen está comezando no mundo audiovisual e busca referentes reais, honestos e accesibles.

Scroll ao inicio