Facom Fest 2025

PROXECCIÓN ESPECIAL: "ALGO NOVO QUE CONTAR"

O mércores 26 de novembro, ás 11:00 h, o Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá a curtametraxe “Algo novo que contar”: sobre crear en equipo e inseguridades.

Unha sesión que consistirá na proxección da curtametraxe e o posterior coloquio cos integrantes do equipo:

-Paula Pereira, a directora.

-Lucía Estévez, a directora de produción.

-Miguel Gomar, o director de fotografía.

-Grial Fernández, actriz.

A sesión contará cunha moderación a cargo de estudantes implicados na organización do Facom Fest: Mateo García e Alberto Estévez.

 

O encontro comezará coa proxección da curtametraxe, tras a cal terá lugar unha conversa co equipo creativo convidado, que compartirá a súa experiencia profesional e o camiño detrás da obra. 

Durante o coloquio buscarase abordar temas clave da creación audiovisual como a importancia de atopar un equipo de traballo co que exista confianza e complicidade. Falarase tamén sobre Brava e da comunidade da Facultade ,coa participación de alumni, e do valor da colectividade como motor de proxectos culturais.

Esta é unha oportunidade única para descubrir un filme excepcional e coñecer de primeira man a parte do seu equipo, nun espazo pensado para inspirar, aprender e compartir visións sobre o cinema e a creación contemporánea.

Agardámosvos!

Scroll ao inicio