Quen somos?
O Festival
Se tivésemos que definir o Facom Fast cunha única frase, a modo de tagline, sería:
“Un festival galego para o estudantado”.
Nesta 4ª edición do certame ampliamos a nosas fronteiras e, por primeira vez, ese “estudantado” ao que nos diriximos poderá vir de calquera outra rexión do mundo.
Do alumnado para o alumnado
O Facom Fest é un proxecto levado a cabo por estudantes de 4º curso de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que busca crear un espazo no que establecer diálogos e debates, ver puntos comúns ou disonantes e, sobre todo, aprender entre aqueles que se atopan na súa etapa formativa no espazo audiovisual global.
Se o cinema é a túa paixón, non importa de onde sexas, este festival está feito para ti.
Os nosos departamentos
Traballando en conxunto, dividimos as nosas forzas en varios departamentos para facer realidade este festival.
- Departamento de Produción
- Departamento de Programación
- Departamento de Actividades
- Departamento de Públicos
- Departamento de Deseño
- Departamento de Comunicación