XERANDO CAMBIO A TRAVÉS DA UNIÓN: Un achegamento ao emprendemento cooperativo
📅 Xoves 27 de novembro
🕧 12:00 h
📍 Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
Dentro do mundo audiovisual conviven múltiples modelos de organización laboral e empresarial, que abranguen desde profesionais autónomos e pequenas produtoras independentes. Cada unha destas formas de traballo implica dinámicas distintas en termos de toma de decisións, relacións laborais, financiamento, repartición de beneficios e grao de participación das persoas que forman parte dos proxectos.
Nesta actividade achegámonos ao cooperativismo como unha opción viable e crecente dentro do sector audiovisual, tanto para o emprendemento como para o desenvolvemento profesional da mocidade que está a iniciar a súa carreira. A través da experiencia de Claudia Machado de Terra Audiovisual e coa participación de Rosa Álvarez, de EspazoCoop, exploraremos en que consiste realmente unha cooperativa, cal é a súa estrutura legal e organizativa, como se distribúe a responsabilidade e a propiedade entre as persoas socias e que vantaxes ofrece fronte a outros modelos máis tradicionais.
O obxectivo é explicar de forma clara como o cooperativismo pode ser unha maneira interesante de traballar no audiovisual, sobre todo para xente nova que quere empezar e non sabe ben por onde ir. Así esperamos dar ideas e animar a quen queira emprender a probar modelos que non sexan os de sempre e que axuden a crear un sector máis sostible para todas.