Facom Fest 2025

CONCURSOS

7 SEGUNDOS: CONCURSO DE CURTAMETRAXES

Sete segundos. Iso é todo o que tes para contar a túa historia. Un tempo mínimo que se converte nun desafío máximo para quen crea. O concurso 7 Segundos propón xogar co ritmo, a imaxe e o son para condensar unha idea, unha emoción ou un xiro nun espazo fugaz.
Nesta edición, o tema é o fóra de campo, unha invitación a xogar co que se intúe, se escoita ou se agocha tras o plano.

TORNEO MARIO KART WII

O Torneo de Mario Kart chega ao Facom Fest para reivindicar o videoxogo como parte esencial da cultura audiovisual.

Nesta actividade, as persoas participantes competirán por parellas, recuperando un clásico que marcou a toda unha xeración e convertendo a competición nun espazo de encontro, colaboración e diversión compartida.

CONCURSO DE ESCRITURA CREATIVA

O Facom Fest aposta tamén pola palabra escrita. Co Club de Lectura Facom como xurado, animámosvos a amosar o voso lado máis literario a través de relatos curtos cheos de imaxinación, estilo e personalidade.

Nesta edición, a temática xirará arredor do conflito, ese motor que impulsa toda historia: os choques, as tensións e as contradicións que dan forma aos relatos.

Scroll ao inicio