SECCIÓN COMPETITIVA
VERDULERA (2026) - SECCIÓN OFICIAL ESPAÑOLA I
Sinopse: Jose é un dependente dunha foiteria do barrio “La Rondilla”, en Valladolid, que, na procura da súa media laranxa, debe enfrontarse a algunhas das súas pantasmas internas cando Juan, un home de mediana idade e poliamoroso, lle fai ghosting
Autoría: José Barbado
Duración: 5:00 min
ENTRE NOSOTROS (2026) - SECCIÓN OFICIAL ESPAÑOLA I
Sinopse: Enrique e Ale, compañeiros de traballo, están embarcados nun retiro corporativo cando perden de vista ao seu grupo tras unha “paradita técnica”. No camiño teñen tempo para coñecerse mellor, críticar o resto e ata paran a xantar.
Un misterioroso ciclista pasará diante destes dous amigos, de largo, deixando tras de si un sobre co nome de Enrique. O ciclista pérdese na distancia, eles quedan sós. Ou non.
Autoría: José Carlos Gil
Duración: 9:49 min
ETXALDEA (2026) - SECCIÓN OFICIAL ESPAÑOLA I
Sinopse: Miguel e Luisa viven nun caserío dunha pequena aldea na montaña. Levan unha vida de aparente tranquilidade, marcada polo traballo co gando que realiza Miguel e polo coidado do fogar, do que se ocupa Luisa.
Un día, Miguel suxírelle a Luisa mudarse a outro lugar. Deixar a casa. Abandoar o fogar. Cambiar a vida que construíron durante máis de trinta anos. Luisa intenta comprender cal é a verdadeira razón que o levou a propoñer algo así.
Finalmente, a Miguel non lle queda outra opción que dicirlle a verdade: perdou o gando e a casa nunha aposta de mus no bar.
Autoría: Lore Azpirotz Sustatxa
Duración: 6:52 min
TINA (2025) - SECCIÓN OFICIAL ESPAÑOLA I
Sinopse: Unha moza deprimida adopta a unha cadela coa esperanza de que sexa a súa salvación, pero a cadela está peor que ela e a relación non funciona.
Autoría: Eliana Fernández
Duración: 5:41 min
ASIENTO PA´ DOS (2026) - SECCIÓN OFICIAL ESPAÑOLA I
Sinopse: Remedios é unha señora viúva e sen fillos, acostumada a ir ó cine cada semana para sentirse menos soa. Non obstante, por primeira vez hai alguén ocupando o seu asento favorito. Unha divertida discusión na sala e a expulsión desta acabará nun inesperado pero tenro encontro.
Autoría: Laura Checa Poza y Fernando Pérez-Aranda Hidalgo
Duración: 6:17 min
ROSER (2026) - SECCIÓN OFICIAL ESPAÑOLA I
Sinopse: O tempo avanza, os pequenos comercios pechan e o recordos de Roser, unha avoa de 75 anos do barrio gótico de Barcelona, desvanecense. Recollendo uns libros para devolver na biblioteca, entre páxina e páxina dun dos libros, cae unha tarxeta da libraría onde creceu. Impulsos e recordos borrosos levana ante a fachada do pequeno comercio. Xa non lle quedan moitas imaxes na cabeza, pero o feito de ver a libraría ante ela lle fai confundir presente co pasado e acabase adentrando no mundo dos seus recordos, revivíndoos como a nena pequena que un día foi.
Autoría: Eloi Rodés Aznar
Duración: 5:15 min
¡HASTA ENTERRARLOS! (2026) - SECCIÓN OFICIAL ESPAÑOLA I
Sinopse: Un grupo de veciños que foran desafiuzados da corrala na que levaban vivindo toda a súa vida decide vingarse do especulador responsable da inxustiza. Liderados por Lázaro, o veciño máis lonxevo e de fortes conviccións, trazarán un plan para levalo a cabo con tan só uns poucos recursos e o seu inxenio. Non só pretenden facerlle pagar as consecuencias da súa avaricia senón mandar unha mensaxe ao resto do mundo.
Autoría: Marco Araujo Dolado
Duración: 15:58 min
IMAGINARTE (2026) - SECCIÓN OFICIAL ESPAÑOLA I
Sinopse: Antes de saber escribir, aprendemos a debuxar, e con iso a materializar todos os nosos sonos sobre o papel. E ti, ¿a onde viaxarías cunha máquina teletransportadora?
Autoría: María Acosta
Duración: 6:52 min
LOS MURCIÉLAGOS HAN ABANDONADO EL CAMPANARIO (2026) - SECCIÓN OFICIAL ESPAÑOLA I
Sinopse: Nunha escura e solitaria morada escondida no bosque, conviven en comuna un vello vampiro cineasta e os seus cinco discípulos. A noite do seu cumpleanos, durante o almorzo nocturno, éste lles comunica o seu último desexo: rodar un plano ao que nunca se enfrontaron, a saída do sol, esa mesma noite.
Autoría: Alfonso y Manuel Bernal
Duración: 15:14 min
INSECTICIDA (2026) - SECCIÓN OFICIAL ESPAÑOLA II
Sinopse: Nun escuro e solitario habitáculo nace Dasnein, un grotesco insecto que trata de saciar os seus instintos máis onanistas a través dunha hipnótica pantalla que amosa o luxurioso e caótico mundo do Panium. A medida que obsera este mundo, Dasnein comeza a obsesionarse cada ez máis ata o punto no que a súa propia obsesión acabará por propiciar un fatídico desenlace.
Autoría: Paula Gallego
Duración: 5:49 min
CEMENTERI D´ESTIU (2025) - SECCIÓN OFICIAL ESPAÑOLA II
Sinopse: Mallorca, 1963. As praias dan a benvenida as masas de turistas en bikini e gafas de sol. Maria Bel, unha moza de pobo, ten que elixir entre pasar o verán ensinando a illa a uns turistas suecos, movida polo espertar sexual que lle provoca un de elles, ou codando ao seu avó na súa agonía.
Autoría: Valèria Cuní Capellà
Duración: 19:54 min
MATER MEA (2025/26) - SECCIÓN OFICIAL ESPAÑOLA II
Sinopse: Eva, unha adolescente pasando a Semana Santa no seu pobo, sae de festa tras a misa do Domingo de Ramos á que vai coa súa nai, Sole. Un encontro aparentemente banal, pero sexual cun chico, deixa a Eva con molestias vaxinais. Incapaz de contarllo a súa nai polos tabúes que envolven a súa relación, vivirá coa súa amiga Rebe, situacións absurdas e estrambóticas intentando xestionar o ocurrido. Finalmente, nai e filla veranse forzadas a confrontar a situación, nun intento de arreglar a súa relación.
Autoría: Inés Rivera Bolonio
Duración: 16:33 min
CAP GROS (2026) - SECCIÓN OFICIAL ESPAÑOLA II
Sinopse: Bruna, unha nena de 11 años empeza a darse conta de que o seu pai resalta moito entre os outros pais o que lle leva a sentir vergoña e a evitar ser vista con el en público, pero o seu pai Emili, descobre que teñen que facer unha presentación no colexio o día seguinte o que leva a Bruna a ter que asistir xunto a el e presentar unha maqueta grandilocuente que fixo Emili coma unha sorpresa para Bruna. A presentación non sae ben e Bruna está tan afectada que non quere saber nada de Emili, o seu pai dáse conta da importancia do problema que ata agora non mirara e o día seguinte cando vai a recoller a Bruna presentase totalmente cambiado para amosarlle que polo amor cara ela el fará calquera cousa.
Autoría: Duna Miquel
Duración: 15:57 min