CONCERTOS E EXPERIENCIAS
EXPERIENCIAS
Á finais dos anos 70, unha musicóloga suíza chegou a Galicia cun obxectivo: recoller e arquivar cantos e música tradicional que xa desaparecera noutras zonas de Europa. Ela chamábase Dorothé Schubarth, e esta é a súa historia.
🎬 16:30 → Proxección de “Dorothé Na Vila” (Sala de Cine)
Documental realizado no 2020 por Alejandro Gándara e Olaia Tubío, ex-alumnado da FaCom.
💬Despois da proxección → Conversa con 4 convidadas/os
Achegaranos a súa análise e reflexión sobre as recollidas actuais, a nosa historia e o lugar da lingua na cultura. Unha primicia: Leticia Mayán (@adochinto) será unha das nosas convidadas. E as demais? Ven e descúbreo de primeira man!
🪗 19:30 até 21:15 → Foliada aberta + sorteos (Sala das Catacumbas)
Porque non hai mellor xeito de entender a tradición que vivila. Escoita, reflexiona e trae o teu instrumento para facer unha catarse colectiva.
📅 Martes 17 de novembro
📍 Burgo das Nacións