CONCURSOS E OBRADOIROS
CONCURSOS
7 SEGUNDOS: CONCURSO DE CURTAMETRAXES
Sete segundos. Iso é todo o que tes. Canto podes contar en só 7 segundos? Presentamos as bases do noso novo concurso de curtas de 7 segundos.
Para participar tan so tes que:
- Formar parte do estudantado da USC.
- Gravar mediante un dispositivo móvil ou unha cámara.
- No caso de ter diálogo ou monólogo deberá ser en galego.
- A duración deberá de ser de 7 segundos podendo chegarse a 10 pero nunca superalos.
- O formato será en h.264 ou H.265, mp4 ou mov. e deberá ir nomeado da seguinte forma: APELIDOS_NOME_ TÍTULO DA PEZA.
- A entrega pechará o 24 de novembro ás 15.00. Deberá enviarse mediante o correo da USC (@rai.usc.es) ao correo do Departamento de Actividades.
Para máis info consulta as bases!
Queres formar parte do Facom Fest a través da Fotografía?
É moi doado, elixe o teu dispositivo de captura favorito, ou o que teñas a man e segue a temática do concurso: a cidade de Santiago e os seus símbolos.
Para iso:
- Envía unha ÚNICA peza fotográfica.
- Deben ser retratos da cidade compostelá con espontaneidade e verosimilitude. Buscamos o humor, a beleza… o ton que sexa máis represente os símbolos da cidade.
- Se eres un/unha estudante matrículado/a en calquera universidade ou centro galego , poderás participar.
Ah, e o importante… haberá un /unha gañador/a que levará un premio sorpresa na gala final do Facom Fest.
Tes para envialo até o 23 de novembro ás 12:00, ao correo actividades@facomfest.com co teu nome completo e o título da obra.
Así que xa sabes, PARTICIPA e CREA!
OBRADOIROS
OBRADOIRO DE PATCHWORK con MÓNICA SANTAMARÍA
Aproveita a oportunidade e lévate o teu merch personalizado do festival!
Gústanche as manualidades e vestir roupa chula? Pois entón non podes perderte este obradoiro de patchwork o mércores 18 de novembro de 16:30 a 19:00. Non hai problema se nunca coseras; aquí aprenderás o máis básico para customizar a túa roupa con varios debuxos feitos polo noso departamento de deseño.
O único que necesitas é traer un top ou unha camiseta.
Aquí tedes o formulario de inscrición.
Vémonos no Seminario 4 na Facultade de Comunicación Audiovisual!
OBRADOIRO PACO ROCHA: ARTE SEN IA, A ARTESANÍA DA FOTOGRAFÍA QUÍMICA.
Unha proposta para reivindicar ó oficio, o tempo e a materia fronte á inmediatez dixital.
Neste taller, dirixido por Paco Rocha realizaremos un percorrido práctico e visual polos distintos formatos da película analóxica—dende o paso universal (35 mm) e o formato medio ata culminar na cámara de placas de gran formato—. Conoceremos as particularidades, vantaxes e filosofía de traballo de cada soporte e, como plato forte, os asistentes poderán experimentar en primeira persoa o manexo real dunha cámara de placas: encadrar sobre o cristal esmerilado, controlar os movementos de perspectiva e foco, medir a luz con precisión e realizar unha toma artesanal paso a paso.
Mércores 25 de Novembro de 10 a 12 AM no Plató 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación USC.