Facom Fest 2026

VIDEOCLIPS

MALAMÉN (2026) - VIDEOCLIPS

Sinopse: MALAMÉN é un videoclip musical que explora os conflitos internos do ser humano segundo a súa proposta estética e simbólica, focalizándose na escuridade do ser, a identidade e a transformación persoal. O termo xorde dunha reinterpretación da expresión cristiana “líbranos del mal, amén”: O “amén” pronunciado de maneira consciente ou inconsciente, ante aqueles males que atravesan a experiencia do ser. Dito concepto, amosa a aceptación resignada de aquelo que nos fere e que configura a nosa identidade. Este convive persoalmente con cada individuo, convertendo o proxecto nunha reflexión íntima, á par que universal. O espectador cuestionase: “¿Cuál es mi MALAMÉN?”.

Xorde así un videoclip híbrido entre o narrativo e o conceptual e a performance. O noso protagoista atrevesa un sono-pesadelo, enfrontándose a disintas manifestacións do seu propio “MALAMÉN”: O medo, o baleiro, o control, a culpa e a rendición. Non obstante, a evolución progresiva do videoclip comprende esta vulnerabilidade, coma unha parte inevitabel da experiencia vital sobrelevado polo amor como elemento transformador e de reconstrución, capaz de soster ao individuo fronte o seu MALAMÉN. 

A obra articulase dende a dualidade: o mal e o amén, a ferida e a aceptación, a luz e as sombras. Esta tensión manifestase tanto na composición musical como na linguaxe visual do videoclip. A través de imaxes fragmentadas, asociacións simbólicas e referencias autobiográficas deformadas, o videoclip desenvolve unha narrativa recoñecible unida ao imaxinario persoal e artístico do autor.

Autoría: Jorge López González 

Duración: 6:35 min

DÁSME COMPLETAMENTE IGUAL (2026) - VIDEOCLIP

Sinopse: Unha noiva decide abandonar a súa voda fuxindo así da relación tóxica que tiña coa súa parexa, Bill. Nesta viaxe comprende que dito compromiso limitaba a súa identidade e liberdade e reafirmará a súa independencia emocional.

Autoría: Emma Poceiro Neira

Duración: 3:42 min

VINCENT (2026) - VIDEOCLIPS

Sinopse: Vincent  conta á historia de alguén completamente acomplexado. É por iso que se tapa o rostro. Leva tanto tempo vivindo na sombra, sin que ninguén poda velo nin oílo, que perdeu completamente a súa personalidade. É un corpo sen esencia que por culpa de traumas pasados é incapaz de vivir unha vida normal.

Autoría: Juan Amoedo Barcia

Duración: 10:29 min

SIMPLEMENTE (2026) - VIDEOCLIP

Sinopse: Simplemente é un videoclip de ollada fresca e divertida que,  dende unha óptica contemporánea, reivindica o valor das cousas sinxelas, o desexo e a visibilidade feminina e queer.

Autoría: Daniela Rey Faraldo

Duración: 3:25 min

AEDMDMA - VIDEOCLIPS

Sinopse: As engurras da man de miña avoa podían contar unha historia tanto como o fan os versos que compoñen esta canción. Son mans que sementan, que cociñan, que lavan, que curan e que dan conta dunha familia que saíu adiante grazas a mulleres fortes que nunca puideron cuestionar o bando ao que pertencían. Eu tan só lle din un fío a unha historia que merecía ser contada: a historia dunha muller que, como as demais, foi vítima do seu contexto, que tivo poucas alternativas, pero que, pese a todo, construíu unha familia con amor, sen pedir nada a cambio. As engurras da man de miña avoa canaliza o sentir deste álbum. É unha carta de agradacemento a miña avoa e ao traballo de toda unha vida. A esa roupa que foi de meus irmáns, miña e despois de meus primos. É unha canción feita para miña avoa, pero feita ao mesmo tempo para todas as avoas, pois elas son arquitectas iletradas da terra que hoxe é nosa.

Autoría: Nicolás Hermida López

Duración: 3:27 min

OUTONO (CABRA) (2026) - VIDEOCLIP

Sinopse: Videoclip a Apolo18.

Autoría: Raquel Espiñeira Martínez

Duración: 5:26 min

BÁGOA DE MEIGA (2026) - VIDEOCLIPS

Sinopse: “Bágoa de meiga é un canto ao invisible. Á calor que nace dunha cociña pequena, no fondo dunha pota que ferve a lume lento mentres fóra o mundo arrefría. As meigas non lanzan maldicións, remexen e reméxennos por dentro. Remexen o caldo, remexen o tempo, remexen as nosas feridas. Cada cullerada leva consigo unha mágoa, unha dor, un sacrificio. Noites sen durmir, mans esgotadas. Paciencia e amor. Bágoa de meiga é unha analoxía. Simboliza a maxia herdada, xa consciente, desa forza robusta pero doce que sen pedilo sempre estivo para nos arroupare.”

Autoría: Nicolás Hermida López

Duración: 3:08 min

TARASKA (2026) - VIDEOCLIP

Sinopse: Neste videoclip vivimos experiencias compartidas por todos os universitarios que algunha vez pasaron por Compostela. Espazos nos que facer vida conxunta e crear vínculos, aprender dos demais e descubrirse a un mesmo. Propuxémoslle este proxecto á banda de música viguesa Why Not? e aceptaron entusiasmados. Analizamos a letra e pensamos que vivir a vida de Nerea (protagonista) como rapaza nova sería moi boa opción para captar esa maxia da que tanto se fala sobre Compostela e ninguén sabe explicar.

Autoría: Sabela Corbelle Insua

Duración: 5:02 min

ROMANTIKA (2025) - VIDEOCLIPS

Sinopse: Na metade da noite, un grupo de figuras demoníacas irrompe no espazo urbano, transformando as rúas no escenario dun encontro marcado polo caos, a tensión e o enfrontamento. Entre movementos frenéticos e unha estética escura, os seus integrantes semellan formar parte dun ritual nocturno no que os límites entre a celebración e a violencia se desdebuxan. 

Ao ritmo da música techno, as personaxes relacionanse a través do movemento, a confrontación e unha enerxía descontrolada que vai crecendo ao longo da peza. A noite convertese así nun universo propio, onde o humano e o sobrenatural mesturanse para dar forma a unha experiencia visual intensa e visceral.

O videoclip propón unha exploración estética do caos,  a escuridade e a liberación dos impulsos, uilizando a figura demoníaca como elemento simbólico e convertendo a músicca electrónica no fío condutor deste universo.

Autoría: Laia Molina Monleón

Duración: 2:07 min

Scroll ao inicio