PACO ROCHA
Paco Rocha é un fotógrafo profesional afincado en Santiago de Compostela con máis de tres décadas de traxectoria (en activo dende 1993). Fotógrafo «todoterreno», compaxina encargos para axencias de publicidade, medios de comunicación, estudos de arquitectura e empresas cunha profunda dedicación á fotografía química e o gran formato na súa obra máis persoal. É ademáis formador e consultor técnico recoñecido internacionalmente, especialista en iluminación (Profoto Trainer) e fluxos de traballo digital (autor dos cursos oficiais en español de Capture One e Lightroom para LinkedIn Learning).